Investigación e asesoramento histórico

Abordamos os teus proxectos dende unha perspectiva histórica que conecte o pasado coa actualidade. Investigamos e asesoramos sobre procesos históricos, dende etapas amplas até contextos e sucesos concretos.
Deseñamos o plan de investigación e levamos a cabo o traballo de campo e as pesquisas necesarias. Sintetizamos a información e construímos materiais (informes, fichas, textos…) con ela para que podas complementar o teu proxecto.
Facemos atractiva a Historia tanto para un publico especializado como xeral, garantindo contidos rigorosos.
Comunicación

Deseñamos estratexias e plans de comunicación para institucións e empresas.
Xestionamos redes sociais con adaptación ás necesidades do teu público e informámosche dos resultados para que vexas como evoluciona o teu perfil.
Tamén cubrimos a comunicación de actos, conferencias, xornadas ou congresos. Conectamos coa sociedade mediante a creación de contidos divulgativos e accesibles, para o público xeral ou con fins educativos.
Audiovisual

Elaboramos contidos adaptados ao que buscas, dende pequenos vídeos a proxectos máis ambiciosos.
Producimos e xestionamos campañas para iniciativas e institucións orientadas ás redes sociais. Tamén nos encargamos do deseño, maquetación e planificación do proxecto audiovisual que explique de maneira clara a túa mensaxe. Temos experiencia coa divulgación histórica mediante pezas documentais, breves entrevistas e conversas con expertos no seu eido.
Descrición e catalogación arquivística

Planificamos unha estratexia para ordenar cun criterio arquivístico o teu fondo documental.
Encargámonos de clasificar, describir e indexar patrimonio documental seguindo as normas ISAAR, ISDIAH e ISAD (G), ou NOGADA para o caso galego.
Adaptámonos ás túas necesidades: dende un arquivo familiar a un fondo municipal, institucional ou empresarial.
Educación e formación

Un enfoque accesible que forme conciencias críticas e novas formas de comprender o mundo no que vivimos. Elaboramos recursos e materiais didácticos enfocados ao ensino vencellados ás ciencias sociais: unidades didácticas de ensino medio, programacións, actividades e outros contidos accesibles e divulgativos.
Conferencias, debates, roteiros e outro tipo de espazos nos que poñer o foco e dinamizar a actividade cultural do país.