A historia é unha disciplina presente na sociedade e na rede. O Reino no mapa é un proxecto creado por Mazarelos para divulgar o Reino Medieval de Galiza. Baséase na elaboración de diferentes mapas que utilizan como nexo de unión o espazo ocupado polo Reino. A intención é mostrar de maneira visual e gráfica diferentes aspectos da organización política, social e cultural do Reino Medieval de Galiza e o seu encadramento na Europa e no mundo da época.

Facémolo creando unha nova cartografía deste período, amosando fontes orixinais nas que estivo presente Galiza e acompañándoo cunha contextualización en texto e vídeo, nunha linguaxe sinxela. Todo isto dende novas olladas que teñan en conta os subalternos, a perspectiva de xénero e expliquen o espazo do Reino de Galiza no mundo ou, o que é o mesmo, poñer o Reino no mapa.

A proposta reino.gal pon a disposición en acceso libre materiais didácticos e divulgativos de primeiro nivel para ampliar o coñecemento e a traxectoria da realidade medieval galega. Todos os materiais desta páxina poden ser descargados e utilizados libremente, só co requisito de citar a súa procedencia.

Galería