
Data: novembro de 2021-abril 2022
Servizo: investigación histórica, documentación e arquivos
Director: Alfonso Iglesias Amorín
Equipo (Mazarelos): David Miguel Rodríguez Martínez, Roque Sanfiz Arias, Laura Rodríguez Rodríguez
Clienta: Grupo de investigación Hispona, Universidade de Santiago de Compostela
Memorias vivas é un microsite dedicado ao Desastre de Annual e á descolonización dos territorios africanos. Nela pódense atopar varios recursos sobre esta cuestión entre os que destacan as entrevistas a persoas relacionadas con eses dous apartados.
Mazarelos encargouse precisamente de buscar, poñerse en contacto e entrevistar a persoas destinadas no continente africano durante o servizo militar nesta época vinculadas coa descolonización do Sáhara Occidental.