Data: xullo 2021-febreiro 2022
Dirección: David Miguel Rodríguez Martínez e Roque Sanfiz Arias
Clienta: Xunta de Galicia
Financiación: Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021-22

Loitar saben é unha serie documental que trata en dous espazos e temporalidades ben diferenciadas experiencias da vida das mulleres galegas. A través das súas lembranzas e da súa memoria achégamonos a fenómenos do pasado. En Fisterra varias mulleres cóntannos desde a súa casa un día a día nas súas vidas, rachando a ligazón do traballo doméstico co eido privado. E en Loiba (Ortigueira), un grupo de mulleres cóntanos como foi a creación da Unión Deportiva Loiba Feminino no ano 1989.

Mazarelos encargouse do proceso de documentación e investigación previo, do guión, do deseño e gravación das entrevistas e da posprodución.

A serie foi posible grazas á Xunta de Galicia e estivo dirixida, producida e posproducida por David Miguel Rodríguez Martínez e Roque Sanfiz Arias.

Galería