
berrobamban.com/fmedicion2
instagram.com/facermemoria
Data: xullo 2022-novembro 2022
Servizo: investigación histórica
Equipo: David Miguel Rodríguez Martínez, Roque Sanfiz Arias, Andrea Rivas Fiel
Clienta: Berrobambán
Facer memoria é un espectáculo teatral innovador que utiliza como material artístico a tradición oral galega. É un proxecto cargado de memoria e forte impacto na comunidade, xa que aproveita os contos e historias da xente dun lugar.
Na segunda edición o noso papel consistiu en investigar e documentar lugares, lendas, acontecementos e outro tipo de cuestións relevantes que conecten coa súa veciñanza. A busca de testemuñas para rescatar a memoria oral e que participen nos diferentes actos, así como a investigación histórica do lugar son algunhas das principais actividades desenvolvidas. Nesta ocasión os concellos seleccionados foron os de Teo, Carballo, Outes e Mañón.