Facer memoria é un espectáculo teatral innovador que utiliza como material artístico a tradición oral galega. É un proxecto cargado de memoria e forte impacto na comunidade, xa que aproveita os contos e historias da xente dun lugar. 

Na primeira temporada realizáronse actividades complementamente presenciais para poñer en valor as historias dalgunhas persoas que habitan en contornos rurais, en concreto de Viveiro, Fene, O Barco de Valdeorras e A Estrada. Nós encargámonos de rastrexar algunhas desas historias, lugares ou contos que logo acabaron formando parte do produto final.

Galería