Encargámonos da comunicación da Facultade de Xeografía e Historia da USC. O noso principal obxectivo é achegar dun xeito ameno e conciso as principais noticias e actividades do centro. O público potencial é bastante amplo, xa que non só buscamos establecer unha canle de comunicación directa coa comunidade universitaria, senón tamén coa sociedade. 

En concreto xestionamos os perfís en Twitter, Facebook e Instagram e combinamos publicacións propias, cun deseño atractivo e fresco, con publicacións compartidas desde outros perfís, como por exemplo grupos de investigación ou profesorado da Facultade, coa intención de visibilizar a rede que pivota ao redor do centro universitario.

Na actualidade o equipo que xestiona este proxecto está formado por David Miguel Rodríguez Martínez e Brais Ferreiro Ares.

Galería