Data: novembro 2021-xullo 2022 // novembro 2023 – actualidade
Dirección e execución: David Miguel Rodríguez Martínez, Roque Sanfiz Arias
Clienta: CISPAC

O Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC) é un centro interuniversitario de investigación de nova xeración, integrado no Sistema Universitario de Galicia. Representa un novo modelo de organización da investigación colaborativa, aberta e trasndisciplinar, organizándose ao redor de cinco campos conectados entre si para afrontar, de xeito activo, toda a cadea de valor e de colaboración necesarias para dar respostas aos grandes retos demográficos, ambientais, patrimoniais, turísticos e de gobernanza que comprende a paisaxe hoxe en día.

Neste caso elaboramos o plan de comunicación do centro, a estratexia dixital e xestionamos as súas redes sociais na primeira fase de consolidación. Tamén temos cuberto campañas e xornadas para transferir á sociedade os seus contidos.

Galería