
consellodacultura.gal/especiais/propaganda-politica/
Data: setembro de 2022-abril 2023
Servizo: descrición e catalogación arquivística
Director: Emilio Grandío Seoane
Equipo (Mazarelos): David Miguel Rodríguez Martínez, Brais Ferreiro Ares, Xurxo Antelo Alvite, Xaquín Bermello Corominas, Serxio María Rodríguez González
Clientes: Consello de Cultura Galega e Universidade de Santiago de Compostela
Propaganda Política da Transición é un proxecto que pretende poñer a disposición de persoas investigadoras e público xeral o fondo do arquivo Miguel Gutiérrez, quen posúe unha das maiores coleccións de patrimonio documental da Transición en Galicia.
O noso labor consistiu en clasificar, describir e dixitalizar unha parte do mencionado arquivo. Xa está dispoñible un pequeno avance do proxecto na web do Consello da Cultura Galega.
O proxecto foi elaborado para o grupo de investigación Hispona da Universidade de Santiago de Compostela (USC).