mazarelos.gal/videos/baixa-a-praza/
Data: xullo 2021-decembro 2022
Dirección: David Miguel Rodríguez Martínez, Roque Sanfiz Arias
Guión: David Miguel Rodríguez Martínez, Roque Sanfiz Arias, Laura Rodríguez Rodríguez, Brais Ferreiro Ares
Gravación e posprodución: David Miguel Rodríguez Martínez, Roque Sanfiz Arias
Financiación: Deputación da Coruña e Concello de Santiago de Compostela
O Baixa á praza trátase dun ciclo de entrevistas no que falamos con diferentes investigadoras expertas nas humanidades e as ciencias sociais. O fin que buscamos é a transmisión de coñecementos de forma divulgativa a todos os públicos, con materiais audiovisuais accesibles e de libre utilización. Foron gravadas en distintas prazas de Santiago de Compostela para representar ese espazo de encontro da comunidade que pretendemos lograr. A primeira temporada contou coa participación de seis investigadoras da Universidade de Santiago de Compostela: Ofelia Rey Castelao, Xosé Manoel Núñez Seixas, Aldara Cidrás Fuentes, Xavier Castro, Daniel Lanero Táboas e Daniela Ferrández Pérez.
Encárgamonos de seleccionar un perfil de persoas entrevistadas atractivo para o público xeral, así como de escoller as preguntas que combinasen falar de temas rigorosos cunha linguaxe xenérica e adaptada a calquera público.