Data: novembro de 2021, novembro 2022
Participantes: David Miguel Rodríguez Martínez, Roque Sanfiz Arias
Colaboración con: CIG-Ensino, Asociación socio-pedagóxica galega, revista Murguía, Laura Piñeiro, Coral Piñeiro, Maite Martínez
A nosa historia facémola nós é unha dunha actividade de formación permanente do profesorado de carácter interdisciplinar, organizada pola CIG-ensino e homologada pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia.
Mazarelos foi convidado nas súas dúas edicións nos anos 2021 e 2022. No primeiro ano, en colaboración coa revista Murguía, desenvolvimos a conferencia “A vixencia da investigación e divulgación da nosa historia: Murguía e Mazarelos”. Na segunda edición, encargámonos de moderar a proxección e debate da curtametraxe Dores, así como o coloquio sobre os medios audiovisuais e a divulgación da memoria histórica galega.